Tuesday, January 10, 2006

E estas son as miñas compis en Betanzos



E aquí estou eu coas miñas amiguiñas da alma en Betanzos, en fin de ano. De esquerda a dereita a da beira son eu algo arreglada, a do medio Montse e a rubia María (que guapas que somos!!) Só que tamén aquí me falta alguén, a miña querida Rocío, que non saiu.

A miña panda de Santiago

Esta foto é unha homenaxe a aqueles que me teñen que aguantar un día tras outro na clase e ata na excursión que nos levou a Praga e Budapest antes de empeza-lo curso (ai, que tempos aqueles) só falta aquí Cris, pero é que anda emigrada (sniff).

Tuesday, December 13, 2005

Vendo mundo


A isto foi ó que me dediquei o xoves pasado, a ir de excursión... foi moi divertido!!!
Fun alá polas terras de Vero (máis ou menos) e andei vendo mundo por Noia, Porto do Son e Corrubedo.
A foto que poño aquí é a do mellor sitio, o Castro de Baroña (en Porto do Son) é un lugar precioso, ver os castro aí, ó lado do mar... andar trepando entre as pedras ata chegar á beira da auga e descubrir moitas estrelas de mar, especies estrañas de algas, foi xenial!!! :-) pero o mellor da excursión foi a compañía... jejeje.

Monday, December 12, 2005

Unha aclaración

Preséntovos a todos a miña blog (a ver se nesta escribo algo).
Vero, espero que non che pareza mal que me fixera unha blog pa min soa, pero é que se me daría moi mal poñer nela cousas que son de fóra da facu e veume a gana de esbardallar, así que queda oficializado que a outra é a nosa blog para contar as cousas que teñen que ver coa facu, coa nosa carreira de xornalistas e coa nosa tropa e nesta poñerei un pouco de todo...
Bueno, aclarado isto.... nada máis que contar polo momento, E como non me deixa unha foto neste momento todos vos quedades coas ganas de ver a que sería a primeria inclusión gráfica deste novo blog.